ANDREA CASTRO

UN BO DÍA NA PRAIA
Hoxe vou ir a praia. Xa teño todo listo, e xa vou ben preparada. Levo unha mochila cos meu instrumentos para facer castelos de area: a pa, o caldeiro e o angazo. Tamén levo as lentes de mergullo. Aínda que parece que hai baixamar e non encontrarei moitos peixes.
Cando marcho da auga, gústame botarme na hamaca da miña nai baixo o parasol para facela rabiar. Aínda que logo ela bótame enfadada, e non me queda máis remedio que coller a cadeira do meu pai. Pero el non me bota, xa que está sempre na auga axudando aos meus irmáns coa táboa de windsurf. Faime moita graza cando a ondas rompen e os meus irmáns caen.
Ás veces polo ceo, vense as gaivotas voar. Tírolle croios para espantalas e que así xa non me molesten co seu son e a súa cagarrela. Agora que o penso, son un pouco mala.
A miña familia e mais eu, normalmente marchamos da praia ás sete e media, porque así danos tempo a tomar un xeado. A mín, o que máis me gusta tomar é o de fresas con limón.
Despois de dar un paseo tomando o xeado, e a hora de marchar. Hoxe a sido un día moi largo e hai que descansar. Iso si, sen deixar ni un so grao de area polo camiño.
revisar
Praia do Rañal (Arteixo)