ANDREA CASTRO

NO CAMIÑO DA CASA A ESCOLA...
O camiño da casa a parada de bus, é moi corto. Gústame baixar uns minutos antes de que veña o bus e así disfrutar do olor da mañá, e da luz dos farois iluminando as rúas.
Todas as mañás, baixo a marquesiña coa miña veciña Paula, que tamén ven ao meu instituto. A dereita,  hai unha caixa do correo, o lado dun xardín; e esquerda pódense ver edificios moi coloridos. Paula sempre di que de lonxe parecen o arco da vela. Mágoa que ningún deles sea un rañaceos!. 
Cando o bus tarda moito, e Paula e eu nos aburrimos, vamos ao chafariz a coller as moedas que tira a xente ao pedir desexos, e así comprarnos un chicle. A xente é tola, cren que están pedindo desexos, pero o único que fan e perder diñeiro, e claro, logo chega a crise.
Unha vez xa no bus, vense paneis publicitarios. Sempre é colonia o que anuncian.
Ao saír de Mesoiro, hai un banco, que está ao lado doutro que ten un caixeiro. Que locura! Dous bancos tan xuntos e facendose competencia!

primeira versión... demasiado esquematizada..... redondear... moi mellorable