Saltar ao contido principal
Ana Cristina Caramés Rodríguez.
Querida Blanca:
Estou no IES Elviña, na clase de 1º A de ESO.
Bótote moitísimo de menos pola tua maneira de ensinar as cousas e a tua delicadeza con nós a hora de afrontar os problemas.
Ao comezo estaba un pouco nerviosa, pero logo dinme conta de que non tiña por que. O edificio é grande e está bastante ben organizado. Os mestres son moi bos. As miñas materias preferidas son Inglés e Matemáticas, ainda que Naturáles tamén me gusta moito,
Tiben boa sorte, tocoume na clase con moitos dos meus compañeiros do Alborada. Pero tamén fixen moitos novos amigos.
Para pasar de 1º necesito estudar e non creo que me resulte moi difícil. Estou segura de min mesma, que é o que ti me dicías que me facía falta para facer todo o que me propuxera.
E ti que tal? Como che vai cos teus novos alumnos? Despídome agradecéndoche todo o que fixeches por min e facéndoche saber que sempre te levarei no meu corazón. Un bico moi grande, Ana.