ANA CRISTINA CARAMÉS RODRÍGEZ
CENTÓN
ESCOITA CHOVER
Cando chove,
o amor florece desde dentro.
O vento entre as follas,
é orfo na noite fria.
No pano da terra
adoece, agoniza,
e nunca morre.
Pasa o tempo e non din nada,
os silencios,
nos camiños da fraga
escoitan chover.
O amor florece desde dentro,
e nunca morre.
O amor florece desde dentro,
e escoita chover.
O amor florece desde dentro,
síntoo chegar contento.
Antonio Garcia Teijeiro, Ana Maria Fernandez, Rosalia de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Helena Villar e Xesús Rabade, Manuel Maria, Uxio Novoneyra e Kiko Neves.
