-D. Armando: Maruxa, querida, pásame un pano ou algo, que me acaba de caer unha pinga na cabeza.
-Maruxa: Unha pinga? Seica toleaches? De onde ía sair unha pinga? Non, se ti con tal de dar que falar non sabes que dicir...
-D. Armando: Non o cres, eh? Mira, mira!
-Luchiño: Papá, papá! Parece que a pinga está rindo!
-Maruxa: Cala, neno senta e come!
-Luchiño: Pero se é verdade ...
-Maruxa: Dixeche que cales! E ponte a comer dunha vez ...!Nena, colle o papel secante do escritorio e sécalle esa pinga antes de que o afogue.
-Pinga : Por favor, non me sequen!
-Armando: Que dis?
-Filla: Eu non dixen nada. É a pinga... É a pinga quen fala!
-Maruxa: Como vai falar unha pinga!
-Pinga: Non quero que me sequen.
-Maruxa: Corre, Luchiño, vai chamar á prensa ..., á radio ..., á television ..., ó señor cura párroco ... Isto é extraordinario!