TEXTOS NO CORAZÓN DO BOSQUE

  JUAN GONZÁLEZ JUSTO



                                                          Carlos

Chámome Carlos e estou moi orgulloso de min porque son o mais forte da miña clase. Moitos nenos pensan que son un cobarde por pegarlle e insultar polo baixo a unha nena da miña clase chamada Raquel. Sei que o pensan , pero non o din, porque se se atreven eles xa saben o que lles pasará...

Estaba na escola un día coma calquera outro cando algo mordérame debaixo da mesa. Non dinme conta de que fora, pero si reparei nun boneco que a primeiras pensei que era de Raquel.A profesora recolleuno e preguntou de quen era.Raquel levantou a man: era dela. Apresureime a dicir que era meu e a profesora, dubidosa dixo que foramos con ela para determinar de quen era o boneco. Finalmente no recreo xa me ía esquecendo pouco a pouco do boneco, ata que, na miña casa, decateime de que esquecérame completamente de ir a buscalo.
                       
                                        
                              Gata Mouriña

 Tocoume a min ser a mascota familiar. Eu son a gata Mouriña, Raquel sempre andaba acariciándome ata que un día volveu da fraga. Dende entón, acabáronse os relaxantes arrumacos e incesantes caricias que ela me daba polas noites.

Un día paseaba pola casa, e cando decateime, tiña un ser cun traxeciño e orellas puntiagudas diante de min. Corrín con ansia tras del para ver se era algún tipo de rato e comelo. Finalmente, escapóuseme aquel día. día tras día, a punto estaba de botarlle a zarpa enriba, pero nada. Ardía en desexos de cazar a aquel misterioso "rato" que sempre se me escapaba.




                                 Derdrín

Eu son un trasno, e chámome Derdrín. Vivo nas fragas do río Eume e pasei só moito tempo.Non teño ninguén con quen falar. O que pasa é que... os demais trasnos esvaecéranse coma fume! Non volvín ver un en moito tempo desde que mirei algúns desaparecer. Non poderei sobrevivir só este inverno, pero teño unha idea: Ós nenos gústanlle moito as fragas do Eume, así que veñen moitas veces de excursión, polo que teño que meterme na súa mochila para que me leve  á súa casa  e facerme amigo del ou dela (...). Chegou o momento, -Agora ou nunca-díxenme-teño que facelo! E coleime nunha mochila.



                                  Raquel 

Chámome Raquel e hoxe no cole imos de excursión ás frasgas do río Eume. Chegamo alí, e a paisaxe é preciosa, imos entreternos mirándoa. Deixamos as mochilas apartadas mentres collemos castañas nun castiñeiro próximo. Volvemos no bús para casa cansos pero contentos. Ao chegar á casa deixo a mochila e poño a mesa. Meu pai díxome que imos asar as castañas ao día seguinte ao volver do cole. Vou para a cama cansa, xa case durmida decátome de que algo remexe na miña mochila. Con valor, levántome e aproxímome despacio, pero non sen antes acender a luz do meu cuarto. A sorpresa foi maior cando decubrín que era un trasno que falaba!


                                   Ana

Meu nome é Ana. Raquel é unha compañeira de clase, e ademais a miña mellor amiga. Fai tempo, Raquel contoume que tiña problemas cun neno da miña clase, chamado Carlos. díxome que lle pegaba patadas cando a profesora non miraba e lle insultaba polo baixo, vaia cobarde!

Todo seguía igual entre Carlos e Raquel, ata que un día, de súpeto e non sei por que, no medio da clase, Carlos pegou un grito que púxonos a todos os pelos de punta. Foi moi estraño...Nin que lle mordera unha víbora! Dende ese día, cambiaron a Carlos de sitio e puxeron a Xavier, do que Raquel estaba namorada, aínda que ela non o quería admitir...


                                Pai (Pedro)

Meu nome é Pedro, son o pai de Raquel e mais do seu irmán Lois. A miña filla é unha nena moi traballadora e responsable, e Lois, un neniño que detesta a soupa de verduras. Estáballe a dra un día o biberón a Lois, cando lle entraron unhas ganas enormes de coller un bote de galletas (ou eso cría eu). O certo é que cando iba a por Lois, mentres a leite terminábase de quentar, ao volver con Lois saltaba á vista que había moita leite menos da que eu puxera...ou senón toleei!
Agora mesmo estou no paro, e só cobro por unhas tardución de francés...por iso non se pode desperdiciar nin unha pinga de leite!!!


                                   Lois

Lois, ese son eu. Son o irmán pequeno de Raquel. Desde algúns anos estou tengo unha guerra interminable coa soupa de verduras. Parece que os meus pais non se decantan de que case agano polo seu sabor e a detesto por riba de todo... Ultimamente vin un ser estraño que corría por toda a cociña e polo corredor, e as veces, ía cara a habitacion de Raquel. Eu creo que Mouriña, a nosa gata, tamén se decatou, xa que pareceume vela intentando atopalo detrás da nevera. Cada vez fágome máis maior, polo que gateo máis deprisa. Case o podo coller, pero o moi astuto púxose detrás da neveira e non o puiden atrapar...