Noelia Alvar Quiza- No corazón do bosque





GATA MOURIÑA

Raquel e mais a súa familia pensaban que non sabía falar pero si que o facía. Ao día seguinte da excursión ás Fragas do Eume á que fora Raquel comezaron os sucesos raros, desaparecía o leite de Lois. Decidín investigar e atopei un ser pequeno e estraño, era un trasno, intentei cazalo pero escapou, dende aquel día sempre que o atopaba tiña que escapar del por que recendía a cebola. Cando o inverno rematou, non volvín ver mais a ese estraño ser.

ANA

Estabamos de camiño ás Fragas do Eume, notaba que Raquel andaba un pouco nerviosa. Dáme moita pena que Carlos se burle dela, é unha nena moi boa e unha das miñas mellores amigas. Nas Fragas ninguén se burlou dela e tivemos unha excursión tranquila. Poucos días despois Carlos volveu comezar a molestala, pero pasou unha cousa estraña porque pouco despois a deixou tranquila e nunca mais se volveu meter con ela. Alegreime moito porque dende aquel día comezou a falar cos demáis nenos e deixou de ser tan tímida.

PAI
Chámome Pedro, son o pai de Raquel e traballo na casa porque levo bastante tempo no paro. Pouco tempo despois da excursión de Raquel a que fora a miña filla noteina moito máis alegre, ía a clases moi contenta e a maioría das tardes quedaba para xogar cos seus amigos do colexio, pero tamén comezaron os sucesos estraños: desaparecía o leite do almorzo, a comida saíame mal... Isto era unha casa de tolos!

LOIS
Pasaban cousas raras dende que Raquel fora a aquela excursión. Outro dia meu pai estaba quentándome o leite e desapareceu. Un dia vín a Mouriña mirar a un pequeno boneco, eu creo que era de Raquel. Despois das Navidades fomos ás Fragas do Eume, paseino moi ben xogando coas bolboretas. Cando voltamos notei que Raquel non falaba nada e parecía que estaba triste.

CARLOS
Son Carlos o típico rebelde da clase, faime moita graza molestar a Raquel. Hoxe era un día calquera. Cheguei a clase e sentei no meu sitio de sempre, Raquel chegou pouco despois e comecei a darlle patadas por debaixo da mesa como facía sempre. Pero de repente, algo me mordeu na man que me fixo saltar de dor. Asusteime moito, que cousa me mordera debaixo da mesa? Á volta do recreo apoyei a man na mesa e quedoume pegada. Asustado polo que me pasaba mirei a Raquel e vin que tiña un sorriso na cara. Nese momento relacioneina con que ela fora a causante destes suceso. Dende aquela asusteime e nunca mais a volvín molestar.

RAQUEL
Hoxe visitamos as Fragas do Eume. Ana, a miña mellor amiga, tranquilizoume durante toda a viaxe porque tiña medo de que Carlos comezara a rirse de min como facía sempre. Pero nada diso pasou, tiven unha excursión tranquila. Ao chegar á miña habitación abrín a miña mochila e atopei  un trasno. Saltei asustada, o trasno chamado Derdrín contoume de onde viña e deixeino que quedara na miña casa. Fixémonos amigos e conteille o problema que tiña con Carlos no colexio, el axudoume con iso e dende aquela non me volveu molestar. Un día estabamos mercando e Derdrín comezou a berrar, eu asustada  metino no meu peto. Cando chegamos a casa contoume que se puxera a gritar asi por que vira a unha trasniña que desaparecera das Fragas fai anos e que lle gritara que a vería alí. Convencín aos meus pais para que me levaran as Fragas, eles aceptaron. Pouco despois de rematar o inverno decidimos ir, ao chegar marcheime a unha zona apartada para que os meus pais non puideran ver a Derdrín. Estaba moi triste por ter que despesdirme do meu novo amigo, como premio por habelo axudado regaloume un anel eu agradecida biquei  sua meixela con bagoas nos meus ollos e deixei que marchara.

DERDRÍN
Hoxe era a miña oportunidade, acababa de chegar un autobus cheo de nenos a Fraga, observeinos e cando vin que dixaban as súas mochilas no cha decidín meterme nunha rosa que tiña un logo dar Barbies. Pasadas as horas sentín que alguen estaba abrindo a mochila, era unha nena, parecía asustada, decidín presentarme e contarlle o que me pasaba. A nena decidiu deixarme quedar na súa casa, dende aquel momento comecei a pasalo xenial con ela, era moi boa, conteille que había unha trasna que desaparecera das Fragas hay tempo, un día cando estabamos mercando vín a trasna das Fragas dentro dunha bolsa, griteine que nos veriamos nas Fragas cando rematara o inverno. Raquel convenceu aos seus pais para ir. Cando chegabamos estaba triste por ter que despedirme da miña nova amiga, regaleille un anel, dinlle un bico e marchei.