NO CORAZÓN DO BOSQUE por Isaac Tizon

                                                             



                 DERDRÍN

Chámome Derdrín e vivía nas Fragas do Eume ata que, un día vin uns nenos que viñan de excursión. Cando unha das nenas foi aos castiñeiros, agocheime dentro da súa mochila. Cando rematou a excursión e a nena foise para casa, saín da mochila e empezamos a dialogar, ela deume de comer e agochoume  entre os seus bonecos. Todos os días ao acostarse contabamos historias e fomos sendo moi amigos. Mouriña, a mascota da casa, sempre que saio do meu escondite vai por mim e teño que agocharme  detrás do frigorífico. Un día ao acostarse, Raquel contoume que Carlos, un compañeiro da súa clase abusaba dela e eu decidín ir ao colexio para ver a ese tal Carlos. Ao día seguinte, Raquel levoume ao seu colexio. Eu estaba escondido na mochila e,cando a profesora non miraba belisquei a Carlos por debaixo da mesa, el gritou e dixo que o boneco de Raquel o beliscara. Dende aquela vez Carlos     non volveu a abusar de Raquel.
                   
             CARLOS
Chámome Carlos, Raquel e Ana son as miñas compañeiras de clase. Hoxe como todos os días voulle pegar e insultar a Raquel, a miña compañeira de pupitre. Sempre pegáballe patadas por debaixo da mesa e a insultaba chamándoa  fracesiña tontiña ata que, un día, Raquel trouxo un boneco e beliscoume, pegoume patadas e co pegamento, pegoume un brazo na mesa. Dende aquela vez non volvo a pegar a Raquel por se volve  traer o boneco a clase.

          ANA
Meu nome é Ana. Raquel é a miña compañeira de clase e ademais a miña mellor amiga. Carlos, outro compañeiro, está abusando sempre de Raquel, pegándolle patadas por debaixo da mesa e insultándoa, ata que, un día, no colexio, parecía como se o boneco da miña mellor amiga Raquel estivera poseido. Carlos dicía que lle mordera a perna. Dende aquel día, Carlos non volveu a insultar nin pegar a Raquel.

             
                     RAQUEL
Chámome Raquel e estes días fun de excursión ás Fraga do Eume.Alí un trasno chamado Derdrín meteuse na miña mochila. Non me dei de conta ata que cheguei a casa e saíu da mochila a dialogar conmigo. Eu deille de comer e agochéi entre os meus bonecos. Todos os días ao acostarse contabamos historias e fomos sendo moi amigos. Un día, contéille.