Estefania Brandariz Viquendi

 CORAZÓN DO BOSQUE


MOURIÑA

Escoitei o ruído da porta pecharse, significaba que a miña dona fora cara... cara algún lado, así que fun ao cuarto da comida, o paraiso. Fun ao meu cuenco a comer algo, debo de ser Deus xa que sempre teño comida nel. Cando acabei encamiñeime a dar un paseo pola casa, estaba por sair do cuarto da comida cando me chegou un recendo a pescado. Fun ata a neveira e atopei un bicho tan feo como el só, pero cheiraba a peixe así que decidín collelo, debería estar bo. O moi cabrito corría como o demo e empezaba a cheirar a cebola así que parei e decidín investigar. Descubrín que vivía nunha cousa rosa e como gata que son e experta espía fun observalo todos os días. Cando tiña amañado un plan para pillalo vai e desapareze! Isto e de tolos, é raro pero certo.

CARLOS

Miña pequena francesilla está cambiada xa non era a mesma dende as Fragas agora estaba no seu mundo, así que non o soportaba. A miña clase pensa que son tonto por pegarlle patadas pero e que eles non saben que a min Raquel... gústame, por iso lle dou patadas para que se fixe en min. O día cambiou cando un "boneco" mordeume e era de Raquel, creo que foi unha indirecta para que me olvidara dela así que o decidin facer. Costume moito cando vía a Raquel rir co novo, Xabier, caeme mal ese neno...

ANA

A miña mellor amiga, Raquel, levaba uns días moi raros desde que volveramos das Fragas. Nos recreos intentáballe darlle indirectas para que me dixera algo, pero ela evadíaas. Co tempo, pensei que se lle pasaría, pero non; foi a mais xa que ela estaba no seu mundo. Un día farteime e pregunteille pero ela dixo que so estaba cansa dos estudios, así que mo creín. De ala a un tempo Raquel volveu a ser a mesma, mesmo estaba mais feliz se lle vía namorada de Xabier, fan unha moi bo parella.

DERDRIN

Vin a uns nenos vir de escrusión ao meu fogar, como todos os anos. Recordei que terei que pasar outro inverno so na Fraga, así que dixen que non. Metinme na primeira mochila que vin e emprendín o meu viaxe cara a cidade pero quedeime durmido. Cando espertei, topeime cunha nena que me miraba asustada, rapidamente corrín a mesa de noite e expliqueille todo. O día que tiven que irme foi o mais dooroso, xa que nunca volvería a ver a Raquel, a miña amiga, para que non me esquecese collín una margarida e convertina en un anel de prata.

PADRE

Levanteime as 8 da maña xa que as 8: tiña que darlle o beberon a Lois. Cando cheguei a cociña Raquel xa marchara cara a escola, puxen o leite a quentar mentres ía espertar a Lois. Cando cheguei casi non quedaba leite parece como se se disolvera. Dende ese día todas asa comidas quedábanme mal sobretodo a sopa de verduras, estaba demasiado salgada. Todo volveu a normalidade cando fomos a familia enteira de excursión as Fragas, creo que o que necesitaba era so un cambio de aires.

LOIS

Ola! Son Lois, o irmán pequeno de Raquel. Este inverno un boneco apareceu da nada. Non sabía quen o trouxera así que decidín collelo. Vin que a gata quería collelo tamén, pero non, o vou coller eu, aquí parvo o último! Tracei un plan o que a miña mente podía pensar. Cando tiña o plan feito e lista para executalo vai e o boneco desaparece! Seguro que xa o comeu a gata, irei a por ela.