Beatriz Pérez García - A casa máis bonita que vín

 
                            A CASA MÁIS BONITA QUE VÍN

 A casa máis bonita que vín foi onte camiñando cos meus pais , vín unha casa moi bonita , non era    moi grande pero tiña unha horta moi grande , na horta tiña un pombal cheo de pombas e moi preto da casa tiña un piorno para almacenar o millo.
 A casa tiña un soto cun garaxe para o coche e un alboio onde deixaban as ferramentas para traballar na horta ; na planta primeira tiñan unha lareira cunha cheminea ecendida e tamén os cuartos. 
No tellado tiñan un cuarto cunha fiestra  moi pequeña na bufarda. Arredor da casa e da horta había  un valado como se fose un sebe. E o máis bonito era a canceira cun pequeno can que non paraba de corretear ; tamén me gustaba moito o catavento do tellado que non paraba de xirar.