ANDREA CASTRO

No corazón 

do bosque



                                              MOURIÑA


Chámome Mouriña, e vivo en Galicia cos meus donos: Raquel, o seu irmán Lois e mais os seus pais.

A historia que vos vou contar é difícil de crer. Sobre todo pola razón de que son unha gata, e os gatos non falan. É mais, ningún animal pode falar. Pero o que pasa é que eu son algo especial...

O outro día pola mañá, mentres Raquel estaba na escola, vin un dos seus bonecos correndo dun lado a outro. Ao principio parecíame inofensivo. Pero cando o vin comer do biberón de Lois, supuxen que non eran un boneco de verdade. Era un supervillano con intencións de acabar coa familia. "Que non cunda o pánico que xa estou aquí!" pensei. E dirixínme a coller as miñas armas. Fun xunto a el xa ben preparada e equipada. Pero cando volvín, non o encontraba por ningún lado. Así que recollín as miñas armas, e cabizbaixa marchei.

Á hora de cear, volvín ver a ese supervillano. Pero esta vez non se movía. Así que vin a oportunidade de collelo e salvar así o planeta terra desta gran ameaza. E cando me acerquei a collelo, tiña un horrible olor a cebola. QUE ASCO! Co que detesto eu a cebola! Puag!

Agora, cada vez que vexo  ese boneco diabólico, prefiro alonxarme porque non hai quen poida con ese demonio.  





   
                                                    CARLOS


Son Carlos, o máis guai e tenebroso da miña clase. Se alguén se atreve a desafiarme xa sabe as consecuencias. Hai unha nena na miña clase que se chama Raquel, a que non podo nin ver. Non a soporto. 

O outro día no colexio, eu pegáballe patadas a Raquel por debaixo da mesa para que así me enseñara un boneco, que por certo era ben feo, que traera da súa casa. Pero seguía sen facerme caso. Así que optei por empezar a insultala chamándoa "francesiña". Pero entón soou o timbre do recreo. 

Cando subimos, como Raquel seguía sen facerme caso optei por seguir molestándoa. Pero non podía, tiña os brazos e o cu pegados á cadeira!  Eu cría que fora Raquel, como plan de vinganza por estar molestándoa. E, como xa dixen, cando alguén me desafía, teñen as súas consecuencias. Así que llo dixen á profesora. Ela, con ton de cansancio, contestoume que xa o arregaría ao día seguinte.

Un día despois, ao chegar a clase, cambiaranme de sitio. Xa non estaba ao carón de Raquel, xa non podía molestala, xa non podía insultala, xa non podía pegarlle. 




                                               DERDRÍN


Unha noite de outono, ao espertar dun magnífico sono, encontrábame nun sitio que descoñecía totalmente. 
Despois de estar unha hora polo menos metido naquel lugar identificable, escoitei unha voz doce.
A voz dunha persoa soñadora. A voz dunha persoa xoven, con ganas de vivir. A voz dunha nena.

Entón alguén abriu a porta do lugar onde eu estaba, que non era máis que unha mochila de cor rosa. E a dona da mochila, efectivamente era unha nena. Chamábase Raquel. Ela nada máis vermeasustouse. Creo que foi porque nunca, nos seus 10 anos de vida, vira un elfo coma min. Pero bueno, tamén hai que deixarlle tempo para que se afaga á idea. Non é tan fácil como se pensa a xente.





                                        PAI

Hoxe pola noite, a miña filla Raquel chegou dunha excursión. Eu estaba dándolle a cea a Lois, o meu outro fillo. Raquel estivo toda a cea falando da súa excursión:foran ás Fragas do Eume. Púxose pesada con ese tema. De verdade, quen me mandou ter fillos? 

Eu estou no paro, pero antes traballaba no cine e facendo traducións. Pero se ve que non me foi moi ben. Raquel di que teño que esforzarme para conseguir o meu soño de ter un cine no que eu fora o xefe. Pero non un xefe calquera, senón un xefe dos bos.