O TEMPO Elena Pereiro 1ºB

Bós dias a todos! Como estades pasando este temporal?? Pois aínda teredes que soportalo uns días mais! Ao cabo duns días sairá un pouco o sol pero seguerá facendo frío asi que hai que aguantalo un pouco mais na casiña cos amigos e a familia!
Os próximos días os ceos alternarán nubes e claros con chuvascos máis frecuentes e intensos na metade norte, onde poderán vir acompañados de saraiba, e máis ocasionais cara o sur.
A cota de neve comezará ao redor dos 600 metros nas primeiras horas do día, descendendo ata os 400 metros pola noite.Galicia continuará na zona intermedia entre o anticiclón do Atlántico e a borrasca do Mediterráneo, predominando lixeiramente a influencia anticiclónica. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso durante o día pola causa das chuvias.
A ver se o pasades ben todos este temporal e a ver se sae pronto o sol! Pero mentras haberá que abrigarse moito...E coidado cos paraugas que poden saír voando ou romperse!!  Aconséllovos que quededes na casiña quentiños como fago eu! Adeus a todos e que o pasedes ben!