Mario Mato

   NO CORAZÓN DO BOSQUE



Pai:

A miña filla Raquel foi de excursión as Fragas do Eume coa súa clase. Na volta desa excursión Raquel comportase dunha maneira moi estraña. Eu estou no paro e fago os labores da casa e por iso noto que a miña nena Raquel esta rara. Un día pediunos de facer unha viaxe ás Fragas do Eume. Así que pasamos un día moi bo coa familia nestes bosques marabillosos e a miña nena volveu a ser a mesma


Ana:

A miña mellor amiga chámase Raquel. Sempre estamos xuntas na clase. De volta dunha excursión Raquel encontrou un trasno na súa mochila. Un compañeiro de clase (Carlos) compórtase mal con ela, pégalle patadas e no recreo insúltaa. Raquel grazas á axuda do trasno soubo defenderse e agora Carlos déixaa en paz.

Lois:

Chámome Lois e son o irmán pequeno de Raquel. Non me gusta o puré de verduras. Un día cando o me pai me daba o almorzo, vin á Mouriña correndo detrás dun boneco de Raquel que se escondeu na caravana das Barbies. Un domingo Raquel organizou unha excursión ás Fragas do Eume coa familia e cando volviamos a casa notei que Raquel estaba moi triste por algunha razón descoñecida.