León Pedro. NO CORAZÓN DO BOSQUE




Pai:

Chámome Pedro e, ainda que estou no paro, traballo moito na casa, polo tanto non poden dicir que non traballo, traballo moito. agora xa non teño que facer as traducións. De todas maneiras de vez en cando algunha cae. E, claro, nunca lle ven mal un pouco de diñeiro a casa. pero dende uns días estanme ocorrendo cousas moi estrañas e tamén estou perdendo a memoria. Realmente estoume volvendo tolo de tanto proxector e tanto cine truculento. Agora boto máis cebola ás comidas, isto fai que Mouriña ande con tensión, a Raquel lle choren os ollos e que a miña muller me berre e me replique. tamén boto moito de menos o cine.

E cando eu toleo e lle boto pemento para contrastar o olor a cebola , entón miña muller me berra aun máis e Raquel bota a chorar e se vai. non o soporto!!!! Tamén parece que a miña enfermidade aféctalle  a Raquel. Ela nunca foi unha nena de mercarse bonecos. Recentemente trouxo un dunha excursión que fixeron as Fragas de Eume, probablemente o collería do chan. Pero e un boneco horroroso. Nunca lle preguntei por el. pesando ben, voulle peguntar ; Raquel, Raquel ! onde estás?

Lois :

Xa que son un bebé pero teño moi boa vista e oído para poder recoñecer a ese pantasma que anda pola casa e se mete no cuarto de Raquel, seguramente para asustala ou debuxarlle un pentaculo na parede. Xa o atraparei, xa,xa. E entón xa podra rezar as súas oacións  antes de ser sepultado baixo un montón de xoguetes. E ademais Raquel anda moito máis nerviosa que antes. Será por ese bruxo-pantasma-boneco. Pobre Raquel!