Francisco Parga


Boas tardes! Este venres estaremos aínda con fortes choivas e con cotas de neve arredor dos 400 metros. Mentres que o sábado xa marchará este anticiclón paras as Illas Británicas, e teremos uns días de paz.



Galicia manterase baixo a influencia de ventos con aire moi frío. Chegarán nubes e claros con chuvascos máis frecuentes  e intensos. A cota de neve estará arredor dos 400 metros. Os ventos soprarán do compoñente norte frouxos, con intervalos fortes no litoral.

O sábado o anticiclón deixara Galicia e marchará as Illas Británicas, pero seguirán caendo chuvascos algo máis débiles, e as temperaturas mínimas sufrirán un descenso. O vento soprará moderado do nordés, con intervalos fortes no litoral galego.


Este foi o informativo de hoxe e recordade: Saíde con chuvasqueiro para non mollarvos! Ata mañá!