CAROLINA NÚÑEZ TASENDE (NO CORAZÓN DO BOSQUE)



 NO CORAZÓN DO BOSQUE 



DERDRÍN
                Ola, chámome Derdrín e teño trescentos cenconta anos, vivo nas Fragas do Eume...UI! que veñen uns nenos, voume agochar tras aquela árbore.
                Cando decidín saír do meu escondite vin que os nenos estaban xantando, así que por medo a ser descuberto agocheime outra vez.                Vanse cara   aos castiñeiros! esta é a miña oportunidade, teño que meterme nalgunha mochila, non penso quedar outro inverno só. Ao fin e ao cabo pasar un inverno cos humanos non pode estar tan mal. Ao final metinme na mochila dunha nena, a que antes estivera observando.
                Agocheime nun bolsillo da mochila... e alí fun, a casa daquela nena cunha mochila morada.

NO CORAZÓN DO BOSQUE: RAQUEL
           
                  Ola, o meu nome é Raquel e hoxe vouche contar como coñecín o meu amigo Derdrín:
                   Foi a noite na que había unhas horas, estivera nas Fragas do Eume. Como xa etaba moi cansa, despois de cear fun para a cama, xa me estaba quedando durmida cando... CATAPLÚM!  leveime un bo susto, pero cada vez tiña máis e máis medo. Decidín acender a luz e fixeime en que os ruídos viñan de dentro da mochila, fun alí e abrín a mochila.
                 Cal foi a miña sorpresa cando descubrín un pequeno trasno, este foise sentar á mesiña de noite. Eu fun onda el. O trasno díxome que se chamaba Derdrín, estivemos falando un rato, el contoume por que se metera na miña mochila e eu conteille como vivíamos os humanos e así fixémonos amigos.

NO CORAZÓN DO BOSQUE: PAI

                      -Puaj! esta supa está saladísima. Non recordo haberlle botado máis dunha cucharadita de sal pequeniña.-Dixen eu indignado-Debín volver tolo eu estou completamente seguro de que só botei una cucharadiña de sal.-Xa estou empezando a preocuparme,isto é imposible. O que está claro é que esta soupa é imposible comela, así que vou fritir uns ovos con patacas e salchichas.
-Ben!-gritou Raquel loca de contento
-Raquel xa sei que non che gusta a soupa de verduras, pero é que hai q cómela,xa que é boa para a saúde se non a puidemos comer hoxe comeremola outro día.
Cando rematamos de xantar decidín falar coa miña dona do ocurrido.
NO CORAZÓN DO BOSQUE: ANA

                           -Raquel, tranquila, cos nervios da saída vanche deixar en paz!-Intentei calmar a miña amiga, pero era misión imposible.
-Xa o sei Ana, pero é que dalles igual, vanme molestar aínda que esteamos en paz. Non ves que esa é a súa diversión?     A profesora díxonos que xa era hora de xantar. Cando Raquel e máis eu rematamos a comida, decidimos ir buscar algunhas castañas, collemos dúas cestas cheas, unha para min e outra para Raquel.
                           Rosa díxonos que xa era hora de marchar entón, recollemos as nosas cousas e subimos ao autobús.

NO CORAZÓN DO BOSQUE: MOURIÑA

                        Aquel horrible boneco estaba alí, nunha das polas da árbore vestido de Papá Noel e cunha barba feita de algodoón
-Como me gustaría collelo!-pensei. O que pasa é que non lle chego, vou intentar subir dun salto, encarameime á árbore, pero... PUM!  a árbore caeu ao chan co boneco enriba,pareceume oír un grito que saía da boca do boneco que agora acababa de empezar a tufar a cebola. Os meus donos saíron da cociña moi enfadados e como castigo pecharonme  no cuarto de baño ata que os invitados da cea de Nadal  marcharon para a súa casa.

NO CORAZÓN DO BOSQUE: CARLOS

                       Agora que Raquel está tranquiliña vouna fastidiar, que esta tranquilidade non me gusta nada de nada.
                     -Francesiña, francesiña, dóeche?- díxenlle á vez que lle beliscaba o brazo.
                      Ela non contestaba, así que comecei a darlle patadas por debaixo da mesa, pero tampouco dixo nada, de repente alguén beliscoume na perna, outra vez, e outra máis, mirei debaixo da mesa e descubrín un horrible boneco,subino para enriba da mesa e Raquel intentou collelo sen éxito, pero a mestra, que se decatara de todo colleu o boneco e preguntou de quen era o boneco, pero os dous contestamos á vez que era noso así que a mestra púxoo enriba da súa mesa.

NO CORAZÓN DO BOSQUE: LOIS

               - Un boneco novo!-pensei que sería un bo xoguete ao que poder arrancarlle a cabeza.
               Intentei collelo, pero el escondeuse... UPS! xa está o meu pai intentando darme ao leite, pero se é que odio ao leite!
              Un momento... baixei da miña trona coa axuda do meu pai e fun ata o frigorífico. Conque aquí está o boneco! pero está moi ao fondo e non lle chego...
              O meu pai colleume  no colo e levoume ao salón e eu quedeime sen un boneco ao que arrancarlle a cabeza.