REBECA BERMÚDEZ

                                              CARTA A BLANCA
                                                                                 A Coruña,16 de outubro 2014
Querida Blanca:
Estou no IES Elviña, na aula de 1ºA!
Bótote de menos... gustábame a túa maneira de explicar, como nos tratabas, as broncas de Enrique, de Irma, de Vitoria...
Pero non está tan mal... pensei que ía  ser peor...
Os profesores  son simpáticos: O de Naturais chámanos estrelas, a de Sociais trátanos moi ben tamén... O que me costa é adaptarme a algúns profesores, por exemplo coa de Castelá: É boa pero... non sei... non me termina de convencer. Unha das miñas titoras favoritas é Pepa: explica con graza , aprender rindo. Creo que ese é o seu método de aprendizaxe, ensínanos como cantando! As partes do corpo ensinóunolas cantando, foi moi divertido!
A sorte que tiven e que tocoume ca maioría dos meus amigos( Katy, Mario, Nerea , Isaac, Campaña...) pero tamén coñecín a un motón de compañeiros e compañeiras novos, como  Andrea, Noelia, Iván, Carlos Manuel...
       O que máis boto de menos do recreo é estar con Katy e Judith, as ligas        que facía Ricardo, as excursións.... Pero o lado bo e que no Elviña teño cada dúas clases, 20 minutos de recreo para xogar cos meus amigos, ou ir a biblioteca, ou a sala de pin-pon, pero bueno, e de admitir que boto de menos os 30 minutos do Alborada.
Tamén boto moito de menos os profesores ( Irma, Enrique, Jose Luís, María José....) pero o lado positivo e que aquí teño u profesor para cada asignatura, e así non estou todo o rato co mesmo profesor/a

Eu creo que para pasar primeiro da ESO teño que concentrarme moito e facer ben as tarefas, atender, e non portarme mal

bicos, non me olvides