PRIMEIRA SAÍDA PACO DIAZ FEITO 1B


Primeira saída no IES Elviña ! Eran as 9:30 da mañá cando chegamos ao monte de Santa Margarida: todos ian correndo, falando, xogando, saudando a xente. Entramos no Planetario e dentro había unha enorme cúpula para ver as constelacións e o mencer.
 Máis tarde entramos na Casa das Ciencias, fomos recorrendo cada un como quería as tres salas. Podías atopar alumnos arredor das pelotas de tenis colgadas, na pelota que flotaba polo aire, nos columpios, no pulsador, nunha exposición, nunhas ondas, etc .
Os meus preferidos eran os columpios por que estaba cun amigo columpiándonos e a sensación era moi forte porque parecía que ía tocar o teito. Era emocionante!
Ao final todos nos quedamos pampos cunha  señora facendo Taichi, por certo moi ben;  chamounos moito a atención.
Saímos da Casa das Ciencias correndo porque chovía moito, chegamos ao bus todos empapados.
Chegamos as 12:00 ao instituto e logo tivemos recreo.

PACO DÍAZ FEITO