PRIMEIRA EXCURSION DOS ALUMNOS DE 1º DE ESO:CASA DAS CIENCIAS elena pereiro 1ºB


Saímos as 9:30 no bus as clases de 1ºA e 1ºB. Iamos despertos e contentos por non ter clase e porque era a primeira saída que faciamos no instituto e tamén porque para outros era a primeira vez que ían a Casa das Ciencias ou a o planetario. 
Ao baixar do bus tivemos que subir polo Monte de Santa Margarida. Mentres que subíamos algúns (incluída eu) íamos saudando as persoas que había no parque, algúns saudaron e outros mirábannos mal. O monte tiña moitas árbores, aínda que non tiñan moitas follas, tampouco había moitas flores.
Cando chegamos a Casa das Ciencias fomos directos ao planetario. Alí presentaban como eran as constelacións, que era o mencer, por onde saía o Sol,etc...Algúns quedaron durmidos no planetario e outros estaban moi atentos. 
Ao acabar a sesión do planetario fomos a ver as exposicións que había. Cada un foi a ver a que máis lle gustaba. A que máis lles gustaron foi a dos columpios e os pollitos. Através dos cristais podía verse unha señora maior facendo Taichí. Estabamos todos mirándoa e ríndonos.