Noelia Precedo Pinto

                                                                                     A Coruña, 16-10-2014
 
                                              Carta a Claudia
Ola Claudia:
Bótote moito de menos a pesar de que non puideras virnos visitar; dáme igual o importante é que sempre nos quixeches moito. Agora estou no IES Elviña, na aula de 1ºA. O que máis boto de menos da Sagrada Familia son os meus amigos/as, as risas todo o tempo na clase e sobre todo os profesores que a pesar de que nos reñían por ser a peor clase do colexio e portarnos fatal nos tiñan aprezo. Neste centro o patio e o ximnasio son máis pequenos.

Agora teño máis profesores que antes , máis deberes. A clase que máis me gusta é a de Lingua porque ás veces as profesoras fan bromas e rímonos. O que menos me gusta é a clase de Naturais porque nunca se me deu ben, aínda que estudando acabo aprobando porque en 6º saquei notables nas notas.

Cando cheguei ao IES Elviña non coñecía a ninguén porque non viñeron ningunha das miñas mellores amigas como Lucía, Iria, Rocío, Alexia, Sara , Jessi ... O primeiro día fixen amigas e fun coñecendo o centro onde  estaban as aulas . Agora hai dous recreos pero só duran vinte  minutos , unha cafetería onde compramos bebidas ou comida . Cando dixeron que nas clases de Mate , Lingua e Inglés había des dobre non o entendía pero despois souben que era que iamos dividir a clase pola metade .
        Para aprobar teño que estudiar  todos os días , facer  sempre os
        deberes e atender na clase . Espero que ti e a túa familia estedes ben e
        que a túa neta sexa guapisima . Aínda que ti esteas en Madrid e eu en
        Coruña sempre te estrañarei porque eras unha profesora boa .
                                                      
                                                          Un saúdo , Noelia Precedo