Noelia Alvar Quiza . Carta a María Xosé

                                                                                                      A Coruña 16/10/2014


Bos días:
 Son Noelia. Lémbraste?
Escríboche para contarche cousas sobre o meu instituto. Estou no IES Elviña, na aula 1A. Bótote de menos. Gustábame moito como nos ensinabas e que sempre nos axudabas. Tamén boto de menos os meus compañeiros.
Os meus novos compañeiro son todos moi simpáticos. Os meus profesores tamén, non me acordo de todos os nomes, acórdome de Pilar a profesora de Sociais, de Elena a profesora de Matemáticas, de Loli e Pepa as profesoras de Lingua e de Alfonso o noso titor e profesor de Plástica.
Nos recreo temos unha cafetería, unha sala de Ping Pong, un patio exterior... Gústame moito este instituto.
No colexio era todo máis fácil, agora é distinto. Creo que para aprobar todo debo facer os deberes e telos ben corrixidos, estar atenta na clase, estudar día a día e non deixar todo para o final... Teño que esforzarme e conseguir sacar boas notas.
E ti que tal? Os teus novos alumnos son bos? Foi algún neno/a a visitarte? Que tal a familia.
Bicos.
        Noelia.