Ola María
Son Nerea a túa alumna de infantil . Estou no IES Elviña, na aula 1º A . Boto de menos os longos recreos , os profesores e os meus amigos que se foron a outros centros. Sorprendeume que houbera dous recreos, a cafetería e o sótano . Hai un xardín bótanico con moitas árbores froiteiras .
Hai moitos profesores e profesoras. As que máis me gustan son Dolores , Pepa e Manuela. A miña materia preferida é Atención Educativa. Os profesores en xeral son bos.
Eu tiven sorte porque tocoume con Rebeca , Ana , Katy , Carolina , Isaac , Mario , Leon , e Marta. Coñecín a moita xente nova e fixen novas amigas que se chaman Noelia , Fani , Andrea e outra Noelia .
E a ti , como che vai ?
Que cres que debo facer para aprobar ? Eu creo que debo estudar e esforzarme ata o tope.
María , acordeime de ti por que fuches a miña mestra preferida.