A nosa primeira saída







Onte, as 9:30 da mañá tivemos a nosa primeira saída no instituto. Fumos A Casa das Cienzas. No bus, íamos 1ºA e 1ºB moi contentos e ilusionados por non ter clase. Eu xa fora máis veces pero nunca vira a sesión do planetario.
Xa no Monte de Santa Margarida, saímos do bus e comezamos a correr costa arriba, xogar a ver quen chegaba antes, a pasear, a saudar  xente e a mirar as flores e as árbores, e aínda, tanto corremos que cando chegamos non estaba a porta aberta así que todos esperabamos impacientes. Abriron a porta, subimos uns 5 ou 6 tramos de escaleiras e... chegamos ao planetario. Dentro, vimos cousas moi bonitas: o mencer, o anoitecer, as constelacións, as estrelas e os planetas.

Logo xogamos coas cousas expostas ao público. O que máis me gustou? O boli máxico un boli que vai só mentres debuxa deseños fantásticos. Á volta íamos para o bus e, de súpeto, caeunos enrriba un chaparronazo. A pesar diso pasamolo moi ben!!!!  

Lucía Costas