Juan González Justo

Carta a Branca                    A Coruña 16/10/2014

Querida Branca:

Estou no IES Elviña e na aula de 1º A. Acórdome de ti porque es a miña profesora favorita. O que máis boto de menos do Alborada era que non levabamos tantos deberes e, sobre todo, ós profesores.Os profesores, en xeral, son moi bos. O que mellor me cae é Luis, de Ciencias Naturais. O que máis me sorprende de Elviña, é que é enorme! Ten ordenadores para cada un dos alumnos, un patio inmenso, seis mesas de ping-pong e tamén posúe cafetería!Aquí temos novas materias e evidentemente son mais difíciles, como Alemán.As miñas materias favoritas son Ciencias Naturais, Lingua, Lengua, Educación Física e Alemán.

Para aprobar sen problemas este curso hai que esforzarse,por suposto. Facendo cousas como: os deberes, o traballo na aula día a día, o comportamento, o respecto aos compañeiros, compañeiras e profesores e traer o material necesario para cada materia cada día.

Teño compañeiros novos, e a algúns xa os coñecía, pórtanse moi ben comigo.E hai algúns que xa coñecía, pero que están na clase de 1º B.

E a ti como che vai? Espero que che tocasen bos alumnos.

Unha forte aperta, o teu antigo alumno

                                                Juan González Justo.