Ivan Iglesias Frean

                                              Carta a María José              A Coruña 16/10/14



 Estou no IES Elviña na aula de 1A. Do Salgado Torres boto de menos o meu patio e a miña aula. Tamén boto de menos algúns profesores e cousas como os seus "chistes" . No instituto, o patio é máis pequeno pero está ben. Temos 6 mesas de ping pong e unha cafetería na que podo comprar un bocata.
Aquí temos novas materias e evidentemente son mais difíciles, agora tamén temos francés. Tamén dividiron coñecemento do medio en ciencias naturais e ciencias sociais, cada unha con cousas diferentes. Os profesores, a maioria son riquiños (algúns mais que outros) e ensinan moi ben. Ás veces nos botamos unhas risas, por iso depende do humor. Ti sigues dando clases en 6º de primaria? Ás veces boto de menos estar en 6º de primaria.
Na miña aula teño compañeiros novos, algúns xa os coñecía de primaria. Boto de menos gastar bromas no recreo cun compañeiro de 4º de primaria chamado Mateo. Preguntámoslles á xente que pasaba pola calle unha dirección falsa e logo nos partiamos de risa. Moitos dos meus compañeiros son riquiños e a maioría veñen do Alborada.

Neste curso creo que debo aplicarme máis que no ano pasado, nos estudos, nos deberes e facer ben as tarefas. Me teño que centrar no que hai que facer neste curso.
Un saúdo
    IVÁN