Carta a Blanca Isaac Tizón Sanguino

                                                                     A Coruña 16/10/2014

!Ola Blanca¡



Escríboche para contarche que estou no IES Elviña e na aula de 1ºA. Bótote de menos pola túa maneira de explicar e como nos tratabas, tamén boto de menos aos outros profesores e os amigos que fixen. O que máis me sorprende o recreo, ten: 6 mesas de ping pong,unha pista de fútbol e unha cafetería.
Os profesores en xeral son bos. A miña materia preferida é Matemáticas e galego. Galego danos Pepa e Loli,que son moi divertidas. Temos At.educativa e proxecto en Inglés.
Na clase tocoume con compañeiros que xa coñecía como: Rebeca, Juan, Brais Campaña, Mario ,Yerai que por incrible que pareza volveu a repetir, Katy, León e Marta. Os novos amigos cáenme xenial. As clases por agora non parece dificil, pero claro, levo só unha semana aquí.
Eu creo que debo estudar  moito para poder aprobar e sacarme a ESO e creo que aprobo este curso. A clase de alemán parecíame difícil pero se atendes non é tan difícil.
E xa non che conto mais rollo.
Ti como andas? Son bos os alumnos que che tocaron?Que tal a vida?

 
Isaac Tizón Sanguino