Carolina Núñez Tasende

            
                                                  A Coruña, 16 de outubro do 2014                                     
     Bos días Branca!                              

 Son Carolina Núñez Tasende. Déchesme clase en terceiro e cuarto de primaria acórdaste de min? Estou no IES Elviña e na aula de primeiro A. O que máis boto de menos do colexio (CEIP Alborada) é algúns amigos e  os profesores. O que máis me sorprendeu do instituto é que no recreo hai unha cafetería.

Neste curso teño moitos profesores como Loli e Pepa Por favor que nos dan Lingua Galega. Outros profesores son Luis de Ciencias Naturais, Miss Rei de Inglés, Charo de Lingua Castelá e Literatura, Rosa de Educación Física e Francisco de Matemáticas. O noso titor chámase Alfonso e danos Plástica. A miña materia preferida é Ciencias da Natureza.

Hai compañeiros que xa coñecía como por exemplo Ana, Rebeca, Nerea, Mario, Juan, Isaac... pero outros foron para primeiro B. Teño tres novas amigas: Fani, Andrea e Noelia pero tamén fixen máis amigos.
Eu creo que si estudo, pórtome ben, fago os deberes e esas cousas podo pasar se problemas a segundo. Na nosa clase temos ordenadores.

Que tal vas ti no colexio? E os teus alumnos?

Despídome cun gran abrazo e con moitos bicos. Espero que nunca te esquezas de min.

Moitos bicos e abrazos
Carolina.
letras galegas 2014