ANDREA 1ºA

                                   CARTA A SUSO                              
Coruña, 16/10/2014

Ola!

Son Andrea, ex-alumna túa. Agora estudo no instituto IES Elviña, e na aula 1ºA. Sempre me toca na letra A! Boto moito de menos as túas explicacións e os teus chistes. Tamén a Agustina, María e Marta. Pero teño moitos amigos aquí.. Boto moitísimo de menos aos do María Barbeito!

No curso de 1º teño 12 materias, 4 máis das que tiñamos en primaria. Teño un profesor para cada materia. Un dos que máis me gusta é Luís, o profesor de Ciencias Naturais, porque di que son unha estrela, a súa doutora favorita. Tamén me gusta moito a clase de Lingua Galega porque é moi divertida. En vez de estudar mirando cara o libro, estudamos cantando, e facendo xogos.

Acórdaste de Heloísa? Pois tamén vén a este instituto, só que ela en 1ºB, e eu en 1ºA. Case todos os nenos e nenas da miña clase son do CEIP Alborada e do CEIP Salgado Torres. De momento lévome moi ben con todos. Na miña clase, detrás, en vez de ter os armarios como tiñamos en primaria, temos taquillas. Tamén temos ordenadores para cada un, có noso nome. Hai unha nena da clase de Heloisa que vén de Madrid. Chámase Eli, e é a miña veciña. Vou sempre con ela no autobús.

O ano pasado ti nos metías caña porque dicías que primeiro era moi difícil. Pero eu véxoo fácil.

E a ti? Como che vai? Que tal o pasas sen nós? Espero respostas.
Moitos bicos,

Andrea Castro Fernández