Saltar ao contido principal
Oscar 1ºA Usando a enciclopedia.
Os felinos ou félidos son unha familia de animais cuxo representante mais coñecido é o gato. Os felinos teñen menos dentes ca o resto dos carnívoros . Este tipo de animais caracterízanse polos seus grandes ollos e bigotes , polo seu oído agudo e por ter unhas garras de uñas retráctiles.Hai mais de 30 especies distintas de felinos entre os que destacan : gatos , tigres , pumas , leóns , leopardos e xaguares .
Amsterdam é a capital dos Países Baixos . Está atravesada por canles e a cidade érguese sobre 90 illas comunicadas entre si por 400 pontes .
E un dos centros comerciais mais importantes de Europa grazas as súas comunicacións co Mar do Norte e con outros países europeos . A súa industria mais destacada é a naval , mecánica , siderúrxica , química e de falle de diamantes .
Sabias que Amsterdam é famosa polas canles que percorren a cidade ?
A escola de doma de cabalos de Xerez da Fronteira ten sona internacional ? Xerez tamén é famosa polos seus viños .
- Por que é famosa tamén Xerez ?
- -- Polo seu viño ?
- -- Polas súas carreiras de motos ?
- --Polo seu cocido alego ?
O Dodo habita na illa Mauricio , no océano Índico , ata que desapareu contra 1690 .
Moitos foron cazados polos mariñeiros que chegaban a illa , porque estas aves non estaban afeitas aos cazadores e fuxían amodo .
Os animais en perigo de extinción son aqueles que pertencen as especies que quedan poucos individuos , sendo a principal causa á acción destructiva do home mediamente a caza , a pesca masiva e a actividade danina dese sobre o contorno en que viven .
- Taboa das dez especies con maior risco de desaparición :
- Aguia imperial ibérica .
- Lobo marsupial .
- Rinoceronte negro africano .
- Guacamaio escarlata .
- Gorila de montaña .
- Panda xigante .
- Tigre de Siberia .
- Cocodrilo do Nilo .
- Tartaruga mariña .
- Lontra xigante .