O lugar da lectura

Unha illa de luz na xema dos dedos. Unha porta sempre entreaberta. Unha duna cara ao vento. Unha nube sobre a herba. Unha casa encantada.

Unha laranxa do paraíso Unha pousada no inferno. Unha man e unha fouce. Unha carapucha vermella. Unha bufanda colorada. Unha alfombra no ceo.

A pulga e o xigante. A rosa e o cravo. A serpe e a mazá. A fonte e o cervo. A flor da candea.

A fenda do espello A lúa na boca. A tona do tempo A pedra e o canto. A voz e o silencio.
Carlos Negro