Xoeliki ten once anos, vive só coa súa nai xa que o seu pai morreu cando el era máis pequeno.Está viciad ó ordenador. Xoga todos os días nun xogo virtualchamado Real Fantasy. De cotío,chatea coa súa cibermoza Estrela.

Unha mañá algo sucede. Cando quere iniciar o xogo, na pantalla de inicio, sae unha frase rara en inglés: GAME OVER. Cando chega á escola os seus amigos e o director dinlle a el e a todos os rapaces que milleiros de ordenadores estan infectados por un virus chamado capitangarfo.exe procedente dun xogo virtual. Sería o Real Fantasy?

Chega a hora de regresar a casa e ten que voltar só debido o traballo da súa nai. Xa estaba na casa, tranquilo , ata que soa o timbre. Un mensaxeiro deixalle un paquete misterioso. Dentro do paquete había un teléfono móbil de última xeneración dende o que recibe unha mensaxe citandoo nun lugar a unha hora para un encontro.

O home misterioso que o citara resultou ser Maverick un membro destacado da Resistencia Pirata que actúa por libre e un vello migo do seu defunto pai. Necesita a súa axuda  para enrolarse na Resistencia Pirata, unhaorganización defensora da Internet segura, e xunto con outros rapaces vencer o virus que se está a propagar da mán do malvado Mr Virus.

Unha vez entra na Resistencia fala co director, Barbabranca, un antigo profesor do seu pai. Él o leva a tomar a súa primeira lección na escola. Comezaa traballar en equipo con Ari, unha vella amiga do barrio.
Na televisión anúncianse os principais problemas que o virus acarrexa. Só queda unha solución, superar a fase final do Real Fantasy e obter a password que desbloquea o virus.
Xoeliki queda un anaco co ordenador , e misteriosamente,pulsando a tecra Stroll Lock remata a fase  final e obten a password para vencer o virus.
Agora só lle queda regresar  a casa e esperar ter sorte para que a súa nai aínda non chegara e así librarse do castigo.

Da man do músico, cineasta e poeta valenciano Maties Segura Rubia e mais do debuxante e deseñador gráfico Abraham Carreiro.