VIDAL BOLAÑO


Naceu no barrio de vista alegre, no mesmo ano en que morre castelao en buenos aires Empregado de banca, en 1974 fundou xunto aLaura ponte santamarinas, actriz galega nada en bos aires , o grupo de teatro antroido. Con Antroido acudiu ás MOSTRAS DE TEATRO ABRENTE de ribadavia (, onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo, isto último co pseudonimo de Julia Brens.
Cultivou, alén da dramática, o audiovisual, realizando guións para tv de galicia e a tv española, con traballos como Malos tratosNovo de Parmiude ou Morosos varios. Tamén levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como anxel fole (Cara de Lúa) e eduardo blanco amor (O Noxo).Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, viuse na obriga de converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, levando ao taboado co centro dramatico galego en 1984 a obra da súa autoríaAgasallo de sombras. No ano 2001, representou, tamén co Centro Dramático Galego, a obra Rosalíaque Ramón Otero Pedrayo escribiu en 1958
Participou como actor en películas como sempre xonxa (mestre) ou a lingua das bolboretas, e series televisivas como mareas vivas ou un mundo de historias.
En 1991 creou a compañía teatro do aqui, que dirixiu ata o seu pasamento.
Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote

Diego Leonardo