Xoeliki Paula García Esmorís 1º b

XOELIKI
As aventuras dun ciberpirata





Este libro conta as aventuras dun neno de 11 anos que se chama Xoeliki

e que lle gusta moito a informática e xogar cos ordenadores a videoxogos.

Un día non pode entrar en Royal Fantasy, a súa rede favorita e no seu cole din que hai un virus nos ordenadores chamado ”capitángarfo.exe”, por entrar
nos xogos da rede, cousa que está prohibida. Ese día é unha aventura para el e comeza cando ten que ir só pola cidade porque a súa nai non pode ir recollelo. Cando chega a súa casa, o carteiro ten un paquete cun móbil, no que recibe un SMS citándoo nun bar. Alí atópase cun vello amigo do seu pai, Maverick, que foi quen lle enviou o “magicphone”, un teléfono especial feito por uns enxeñeiros da "Resistencia Pirata", que loita contra o virus e para que internet sexa libre e segura. Seu pai, que morreu hai catro anos, xaformaba parte dela.

Como hai moitos ordenadores infectados por culpa de Mr. Virus, que quere cÓs nenos crezan sen internet, agora Xoel ten que axudar a esta sociedade secreta para librar o mundo do ataque da Rede. Para iso, vai a Escola Pirata onde atopa a Ari. Xoel ten que actuar con urxencia porque o virus activarase a medianoite. Cando Ari non está, Xoel anda no portátil dela e dálle a tecla
Scroll Lock. Cando volve, está o password do virus no ordenador, nunha fase do Royal Fantasy. Todos celebran a vitoria de Xoel e enseguida preparan un antivirus. Esta vez a "Resistencia Pirata" ganou a batalla. Marcha rapidamente para casa porque é moi tarde e cando chega a nai, faise o durmido. Ela di que demostrou ser maior e que lle mercará un móbil. Foi un día inolvidable.