Quen somos?

Na biblioteca hai unha exposición con retratos e comentarios sobre algún antepasado de varios alumnos de Oleiros. Outros de Sada tamén se describiron aquí. Vexamos que din uns e outros.

Agora imos facer dúas cousas
- Seleccionemos os dous da biblioteca que máis nos gustan. A continuación creamos un diálogo entre esas dúas persoas. Lémolos na aula e valoramos o máis adecuado e o que máis nos gusta.
- E por que non? Nós tamén imos contar a historia dalgún antepasado da nosa familia. Se non sabemos ningunha, contamos a suposta vida dunha das persoas que aparecen no grupo. Veredes que divertido. Adiante!!!