Castelao

                               CASTELAO
 
Nacido (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual  comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade"
 .De 1900 a 1903, Castelao estudou no Instituto Xeral e Técnico o bacharel de Artes e, entre 1903 e 1909, cursou a carreira de Medicina na Facultade da Universidade de Santiago de Compostela.

Xa na Arxentina, Castelao retomou a actividade política e participou en numerosos actos públicos, como o coñecido discurso Alba de Groria  no día da Patria de 1948, pero a comezos de 1949 diagnostícaselle un cancro de pulmón incurable aínda que os médicos só lle din que ten un "proceso infeccioso no pulmón esquerdo" que esixe repouso e tratamento médico. Os médicos decidiron ocultar a gravidade da enfermidade tanto a Castelao como á súa muller, e semella que el non foi consciente da inminencia da morte.
En xuño de 1949 escribía escusando a súa presenza nun acto do Centro Pontevedrés de Bos Aires que "estou absolutamente seguro de repoñer a miña saúde e de acompañalos no ano próisimo, por este xa se vé que non é posible"; en decembro escribía ao seu amigo Manuel Roel: "Estou enfermo pero sandarei. Algún día nos veremos na verde Betanzos".
pablito lopez