Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950 está considerado o Pai do nacionalismo galego.
Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país.
Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.
Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas no ano 1964.
En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural.

~''Vale máis unha terra con árbores nos montes que un estado con oro nos bancos.''~

~''La lucha noble y leal de las ideas es lo que asegura el progreso''.