O entroido é unha festa que se celebra entre os meses de febreiro e marzo. O martes de carnaval disfrázome e vou cunha amiga a rúa da Torre a ver a xente disfrazada. Hai un concurso de moita xente que da moita graza, e eu rio moito. Cando acaba lle dan un premio ós tres mellores.
A min gústame moito disfrazarme de pirata, eu para o disfraz poñome: un parche no ollo, un sombreiro na cabeza, unha camisa cun chaleque e uns pantalóns marróns e unha espada.
Laura