O FENÓMENO DO BREAK DANCE

Na casa da miña avoa, todos os anos colocan unha árbore. Alí sempre hai un Papá Noel que baila con soamente tocalo.
Ás miñas curmás e máis a min cando eramos pequenas, encantábanos pero... como xa terá uns oito anos digamos... que está un pouco estragado.
Ben, pois o dito, agora odio a ese boneco de ollos rasgados e barba gris debido ao pó da casa da miña avoa, e unha gran capacidade para cantar o jingle bells 9 veces consecutivas sen parar.
Un dos días de Nadal pola noite oín unhas voces no corredor saín da habitación, e alí estaba, o Papá Noel cantando.
Cando ollei con atención para el estaba bailando break dance, facía pinos, volteretas, e axitaba brazos e pernas coma se fose un profesional. Díxome que gardara o seu segredo e asi o fixen: Durante todas as navidades estiven abraiada debido a ese fenómeno do break dance.