O FINAL DO CONTO DE FADAS
O primeiro golpe foi o peor, non tanto pola dor como polo shock da situación, esa noite el dorme no sofá, ela non dorme nada, sonos rotos, bágoas na almofada...
Quen ía dicir que sería asi... O final do conto de fadas. Todo ía ben ata que chegou... O final do conto de fadas. Nunca pensou que podería pasar... O final do conto de fadas. A outra ela tocoulle vivir... O final do conto de fadas.
"Perdóame polo de onte, non sei que pasou, é que... non sei, é o estrés do traballo, o cansazo, estaba un pouco borracho, perdóame, síntoo, sabes que eu te amo".
Tras uns días ela recorda o tema como se fora un lonxano pesadelo. Pensou en contalo ás súas amigas, pero non o entenderían, ademais, son cousas de familia.
"El quéreme e esas cousas pasan, e é verdade que ás veces son un pouco bocazas...
Óscar Andrés Gestal Ríos