Chámome AROA e teño 13 anos.Vivo na Coruña. Antes de vivir nun piso eu
vivía nunha chabola e non me avergoño de dicilo porque é a verdade.O meu
pai chámase Santiago e ten 36 anos, a miña nai chámase Pili e ten 34
anos.Os meus pais son medios primos e tiveron 4 fillos. Antes de ter
fillos casáronse e fixeron unha voda.Según me contaron foi unha voda
espectacular. Había de todo, música para todo o mundo...comida,de todo un
pouco.Os meus irmáns chámanse Joel,Débora,e por último Coral.Quéroos
moito...O meu pai agora mesmo traballa como mediador xitano, axuda a
xente xitana a buscar traballo, e a miña nai e mais a miña avoa traballan as
dúas nas feiras.Eu antes sacaba malas notas porque non estudaba e as
miñas amigas non me deiaxaban estudar...e agora estou repetindo 1º de ESO
e estou sacando moi boas notas e a min iso gústame e aos meus pais
tamén.No futuro, eu quero ser perruqueira, encántame,e quero sacar o
graduado escolar para ser algo na vida.A miña familia para min é moi
importante porque é o mellor que eu teño ata agora. A miña
familia é moi numerosa....e para rematar quero dicir que eu agora vivo
feliz e contenta coa miña familia e os meus estudos.