CARTA A LOLI Lara

Querida Loli:

Acabamos de ver o video do festival de Nadal, o que fixemos o último día do 1º trimestre e está moi ben realizado a verdade, o día foi espectacular e espero que o pasaras moi ben xa que era o teu último día no instituto.

Espero que che gustaran as actividades deportivas que fixemos, sobretodo patinaxe xa que nos costou bastante realizar os bailes e por último e máis importante porque actuamos Desi e mais eu, espero que as disfrutaras! , despois tamén houbo un pequeno patido de brilé. A continuación cando xa finalizamos todas as actividades deportivas, os profesores déronnos o boletín de notas, que non hai queixa delas! E... para rematar o día, os alumnos de tódolos cursos (excepto primeiro máis segundo), fixeron como por así dicilo un concerto instrumental, pero aínda que non actuáramos pasámolo moi ben vendo.

Ben e con isto remato, xa non sei que máis contarche xa que ti viches todo o sucedido, ademais teño que decirche unha cousa moi impotante que é ese o motivo polo que che escribo isto, que disfrutes moitísmo da túa xubilación! e que oxalá veñas algunha vez a facernos algunha visita, que xa che botamos de menos!

Millóns de bicos                                                                         Ata outra!

ATT: Lara Sánchez Naveira
PD: A ver se me reespondes?, segue así, non cambies