Carta á miña prima Silvia. LARA

Estimada Silvia, 21 de outubro
ENLACESIMAXES
Ben Silvia, eu estou aquí na Coruña e ti estás alí, no lonxe, no Polo Norte, nas aforas, xustamente en Finlandia, non sei cómo estas, e eu quero sabelo, por iso envíoche esta carta. Pero esta carta tamén vai para decirche que te voto moito de menos, polo tanto envítiche a que veñas unha semana á Coruña para que veñas a visitala, xa que nunca viñeches.
Eu quería que cando veñas, vaiámos as dúas aos museos máis visitados da Coruña, que por se non o sabes son: A Casa das Ciencias, A Casa do Home ou Domus e a Casa dos peixes ou Acuario Finisterrae, ambos os tres son museos cientifícos con moita orixinalidade é o bo e que son interactivos.
O obxectivo deses museos é achegar ciencia ao público, aprendizaxe e sobre todo diversión. Eu como non sei se che gustan moito os museos, e como nunca os viches quería que os visitáramos, pero  se non queres ir non pasa nada, agora neste mesmo intre vouche contar un pouco sobre eles: comezamos pola "Casa das Ciencias", a ver... que che podo contar deste magnífico museo... xa sei!, mira, foi creado en 1983, e é un palacete de planta octogonal que contén 4 salas de exposición, despois contén un planetario para observar planetas, estrelas..., ademais ten o Péndulo Poucault que por se non sabes o que é, pois explícoche, é a rotación da Terra sobre o eixe.
Despois ven a Casa do Home ou tamén chamado Domus, que se creou en 1995. Unha cousa moi interesante é que foi o primeiro museo mundial interactivo, ademais conta con 200 módulos.
E por último a Casa dos Peixes, ou Aquarium Finisterrae, que se creou en 1999, está a beira do Océano Atlántico, e ten tanques con especies mariñas.
Bo Silvia isto é todo o que che podo contar sobre os nosos museos; a ver se me fas un pouco de caso e ves ata Coruña, bo espero que che gustara a carta.
                                                                                    ATA A PRÓXIMA!, Bicos...
ATT: Lara