O TEMPO




                                                     
 Ola, bós días!!!
A predicción meteorolóxica para Galicia nesta semana traerá un pouco de todo a nosa comunidade.
Empezando pola Coruña, que teremos, no mencer, vento do nordés e temperaturas baixas, e na tardiña, nubeiros e tamén algo de choiva. En Lugo haberá saraiba e tamén néboas e chuvascos xeneralizados.
En Pontevedra, debido ó caudal dos ríos, poderánse rexistrar algunhas riadas.
No interior de Ourense, debido ás baixas temperaturas, poderá aparecer a neve en cotas relativamente baixas.
As temperaturas máximas rondarán os 10 graos e as mínimas poderán chegar ós 0 nalguns puntos da comunidade.
Dicir tamén que os ventos nalguns puntos poderán rondar os 100 km/h polo que dará a impresión de estar baixo os efectos dun furacán.
E ISTO É TODO; ATA A PRÓXIMA!!!!

Mañá


 ISAAC TIZÓN