Saltar ao contido principal
León Durán. escena teatral da pinga
(Álzase o telón, unha cociña, no medio do escenario unha mesa con tres cadeiras nas que están sentados Armando, a súa muller, Maruxa e un neno pequeno).
Armando: Maruxa, querida, pásame un pano ou algo que me acaba de caer unha pinga na cabeza.
Maruxa: (extrañada e un pouco enfadada) unha pinga? seica toleaches? de onde ía sair unha pinga? non, se ti con tal de dar que falar non sabes que dicir...
Armando: (baixando a cabeza e sinalando un punto en concreto dela) non o cres, eh? mira, mira...
O neno: (Chamando a atención do pai e miarado a súa cabeza) Papá! Papá! Parece que a pinga está rindo...
Maruxa: (Enfadada) cala, neno! senta e come!
O neno: (Insistindo, pero xa un pouco asustado) pero, se e verdade...
Maruxa: (mais enfadada) dixenche que cales! e ponte a comer dunha vez...[...] Anda, colle o papel secante do escritorio e límpalle esta pinga antes de que o afogue...
A pinga: por favor non me sequen.
Maruxa:(sorprendida) corre luchiño, vai cahmar a prensa, ao papa, isto e extraordinario.
O neno: pero se o papa está no Vaticano.
Maruxa: pois chámao por teléfono.
A pinga: por favor, non quero que ninguén me vexa
Maruxa: (ignorándoa) Ti non tes nin voz nin voto; a calar!
(Báixase o telón)