Adrian O mar salgado

                
     

Un día un neno estaba paseando pola praia,cando de súpeto viu un tiburón enorme varado na praia. Foi xunta el e cando se acercou, abríuselle a boca, o neno asustouse e marchou para a casa.    



Ó día seguinte contoulle aos seus amigos o que pasara na praia. En Galicia non se soen ver tiburóns e por iso foron á praia. O tiburón estaba rodeado de gaivotas, que desprendía un cheiro que tiraba para atrás, cando os nenos se acercaron, as gaivotas botaron a voar e deixaron á vista coma unha especie de papel enrolado dentro dunha botella que por desgracia estaba dentro da boca do tiburón.
O neno máis vello de todos armouse de valor e foi pola botella, o peor non foi o tiburón senón o cheiro que desprendía. Cando o neno xa tiña a botella, abrírona e o suposto papel non era nada máis e nada menos que un mapa, pero para maior sorpresa cando abriron a botella, o tiburón desaparecera.
Puxéronse a seguir o mapa e levounos por toda a comarca, para ao final acabar a uns metros de donde enmpezaron. Xa rebentados de tanto andar chegaron a unha pequena gamela na que estaba unha señora maior esperando a que os nenos chegaran, coma se puidese saber que se dirixían cara á ela. Ao chegar ao seu carón, a señora dixo: -Subide e remade cara aquela luz, pero antes lebade unha bolsa máxica chea de sal que teredes que darlla a aquel mariñeiro que estará esperando no boso destino.
Cando es nenos estaban chegando, unha espesa neboa enpezounos a rodear. A luz case non se podia ber.  O mar empezouse a picar máis do normal, e nunha onda inesperada a bolsa caeu ao mar e empezou a soltar sal, pero o que os nenos nonsabían, era que a bolsa soltaba mil beces máis da súa capacidade e así foi como o mar colleu o seu sabor salgado.
FIN