CARTA A PEPA

A Coruña, 9 de xuño de 2017
Querida Pepa:

Desde que marchaches, aprendemos moitas cousas novas: locucións prepositivas, vocabulario de festa, deporte e cociña (Alfonso mandounos facer un traballo que consistía en gravar un vídeo realizando as accións deste último), conxugar os verbos...O novo profesor é bo e divertido, mais bótanse de menos os teus xogos para memorizar facilmente e os teus "XA!".

Agora que estamos a rematar o curso, temos que esforzarnos un pouco máis porque veñen todos os exames xuntos.

A ver se vés un día por aquí a darnos unha clase de algo especial.

Un bico enorme,

Elisa