RECEITA DE MADALENAS
Esta receita faise da seguinte forma

INGREDIENTES (4 persoas)
- 4 ovos
- 250g de azucre
- 200g de fariña
- medio vaso de aceite virxe extra
- 1 sobre de levadura
ELABORACIÓN:
Pon nun bol os 4 ovos. Engade 200g de azucre e bate coa batidora.
Virte o aceite pouco a pouco sen deixar de bater.
Noutro bol mestura a levadura coa fariña.
Pasa a mestura por un colador e incorpora á masa dos ovos.
Mestura con movementos envolventes e sempre na mesma dirección.
Pon a masa na manga pasteleira e enche os moldes de papel.
Coloca sobre cada madalena unha pizca de azucre.
Introduce no forno, mais ou menos quentado, a 180ºC, durante 15-18 minutos.